sábado, 17 de outubro de 2015

ORIXE DA LINGUA GALEGA

1. Etimoloxía do galego (orixe do léxico)
O galego constituíuse como lingua, ao igual cás outras linguas románicas (castelán, catalán, italiano, etc.) no século VIII. O estrato é a base dunha lingua, é aquela variedade lingüística que dá orixe á maior parte do seu léxico, así como das súas estruturas sintácticas e gramaticais. No caso do  galego, a lingua de estrato é o latín, que foi introducido na Península Ibérica coa romanización a partir do século I (d.C.).
Pero tamén hai palabras máis antigas procedentes dos pobos prerromanos (lígures e celtas fundamentalmente), e outras posteriores que achegaron os pobos que viñeron despois da caída do Imperio Romano (principalmente xermanos e árabes).

  • 1.1. Elementos de substrato

As pegadas das linguas anteriores ao latín que chegaron até o galego de hoxe denomínanse elementos de substrato. O substrato divídese en dúas familias.

  1.  Linguas preindoeuropeas: son as máis antigas, e teñen a súa orixe nos sistemas de comunicación da idade de pedra.
  2.  Linguas indoeuropeas: trátase de linguas máis recentes, que nos deixaron algunhas palabras relacionadas cos pobos celtas. Destas linguas proceden moitas palabras comúns referidas a plantas e animais (carballo, amieiro, bidueiro, rodaballo, etc.), relacionados coa vida doméstica e agrícola (cabana, cabazo, carro, gándara, veiga, billa, burato, berce, etc.) e topónimos(Barallobre, Sillobre, Sar, etc.).


  • 1.2. Elementos de superestrato

Despois de caer o Imperio Romano, polo territorio galego pasaron diversos pobos que, sen chegar a substituír o latín, deixaron palabras, nomes de persoa e de lugar, sufixos, etc. Son estes elementos incorporados á nosa lingua despois da romanización os que reciben o nome de superestrato. Os principais que ten o léxico galego son o xermánico e o árabe.

  • • Xermánico: produciuse durante os reinos suevo e visigodo, ao longo dos séculos V, VI e VII. Deixou restos en diversos terreos:

– Na onomásticaAfonso, Alberte, Elvira, Gonzalo, Henrique
– Na toponimia: presentan as terminacións específicas seguintes: -arBaltar, Gondomar -mil:Amil, Samil, Castromil -riz / -ris :Allariz, Guitiriz, Mondariz, Aldarís -monde / -munde:Baamonde, Rocamonde, Sismundi -rei / -ei: Forcarei, Guimarei  -áns / -ás / -anGoián, Bertamiráns, Ramirás
-ulfe / -ufe / -oufeRandulfe, Adoufe

 No léxico común: palabras de uso cotiá e tamén relacionadas coa actividade guerreira:guerra, agasallar, pote, bando, xardín, falcatrúa, frecha, gabarse, gañar, roubar, helmo, laverca.

  • • Árabeintroduciuse na lingua a partir do século VIII e, en moitos casos, penetrou no galego a través do castelán ou do portugués, xa que o contacto directo do pobo árabe con Galicia foi moi escaso. De todos xeitos, quedaron elementos de superestrato árabe.

– Na Toponimia Sada A Mezquita Rábade Almuíña Atalaia
– No léxico común laranxa xinete maquía azucre arroz albanel alicerce alcalde

ORIXE DA LINGUA GALEGA

  • 1.2.1.3. Palabras patrimoniais, cultas e semicultas

Como dixemos, a maioría das palabras do galego proceden do latín, pero non todas as palabras latinas que hai no galego se introduciron do mesmo xeito. De acordo coa evolución das palabras latinas presentes na nosa lingua, distinguimos tres grupos: patrimoniais, cultas e semicultas.

Palabras patrimoniais, popularismos ou patrimonialismo: forman parte do noso léxico desde a época da colonización romana. Son as palabras máis vellas e constitúen un conxunto moi numeroso. Experimentaron todas as evolucións (fonéticas e morfolóxicas) que se produciron no paso do latín ao
galego ao longo dos séculos e de xeración en xeración. As principais transformacións son:

LATÍN GALEGO EXEMPLOS
-n-,-l- intervocálicos ø CENA > cea; MOLA > moa
[p, t, k] intervocálicos [b, d, g] LUPU > lobo; FOCU > fogo
pl-, fl-, cl- iniciais ch- PLUVIA > chuvia; FLAMMA > chama
-ct- -it- TECTU > teito; LACTE > leite

Exemplos:
cheo que vén do latín PLENUM
enteiro que vén do latín INTEGRUM
ollo que vén do latín OCULUM
leite que vén do latín LACTEM
orella que vén do latín AURICULAM

Palabras cultas ou cultismos, tiveron unha incorporación máis tardía e
practicamente non sufriron evolución con respecto á súa forma latina orixinal.
Aparecen en rexistros cultos.
Exemplos:
pleno que vén do latín PLENUM
íntegro que vén do latín INTEGRUM
óculo que vén do latín OCULUM
lácteo que vén do latín LACTEM
aurícula que vén do latín AURICULAM

Palabras semicultas ou semicultismos, son palabras que entraron no idioma despois de que se formase e, aínda que sufriron transformacións, por ser de uso culto e, polo tanto, de escasa utilización, estas non foron tan intensas coma nas palabras patrimoniais.
Exemplos:
praga que vén do latín PLAGAM
fraco que vén do latín FLACCUM

Ao existiren palabras cultas, semicultas e patrimoniais derivadas da mesma base latina, orixínanse familias léxicas irregulares:
NOITE > noitiña, anoitecer, nocturna, noctámbulo, nocturnidade, etc.
LÚA > luar, luada, lunar, lunático, aluaxe, etc.

LITERATURA GALEGA MEDIEVAL

Autores e obras da literatura medieval
A literatura galega medieval
Esquema sobre a lit. galega medieval. Como se facían os manuscritos
Os trobadores eran elas
sondepoetas.blogspot.com.

I ¿QUE É A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA?
Chamamos lírica galego-portuguesa a un conxunto dunhas 1.685 cancións de temática profana e unhas 420 de tema relixioso, escritas no idioma máis occidental da península, o galego-portugués, antes da súa separación en dúas linguas distintas, por uns douscentos trobadores, nun período que vai desde as fins do século XII ata mediados do XIV.Como non podía ser doutro xeito -estamos falando de cousas de hai moitos séculos- a orixe da lírica galego-portuguesa é discutida, pero a lóxica apunta a que a razóns estea na combinación de varias teses. Influencia folclórica -tódos os pobos do mundo cantan antes de escribir- influencia eclesiástica -o canto ten importancia en todas as relixións-, influencia árabe -sabido é que a música árabe estaba moi desenvolvida, e mesmo ela é a que fai agromar á carxas ou jarchas escritas na fala mozárabe uns cen anos antes, etc.O que si está claro é que se colleron corpo como escritas é por influencia chegada de Provenza -a costa mediterránea de Francia-. O trobadorismo provenzal está pois non só na orixe da moda de escribir cancións daquela "modernas" -provenzalitantes- senón tamén de recoller composicións anteriores e escribir conforme ós patróns máis tradicionais.A lírica medieval galego-portuguesa é unha das grandes líricas neolatinas na Idade Media xunto coas italiana, castelá, francesa, provenzal e catalana.

 II ¿POR QUE SABEMOS QUE EXISTIU?

Sabemos que existiu porque á parte de noticas indirectas, conservamos varios textos de diversas orixes:
Por unha banda, o interese no mundo da cultura no Renacemento italiano, fixo que desde a corte portuguesa se enviasen, xa nos finais da idade media, recompilacións da lírica profana galega ós Papas e nobres humanistas italianos que devecían por eles. Por iso, dos tres grandes códices que hoxe se conservan, dous son desta orixe: O Cancioneiro da Vaticana e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa -antes Colocci-Brancutti, ata a súa compra polo estado portugués en 1928. O outro, o Cancioneiro de Ajuda, parece que foi elaborado na corte de Afonso X o Sabio, só recolle cantigas de amor e, como único cancioneiro da época trobadoresca, é o máis fiable nas súas versións.
Tamén existe outro códice menor, o "Cancioneiro dun Grande d’Hespanha" -copia serodia do da Vaticana feita en Italia e adquirida en 1983 pola Universidade estadounidense de Berkeley ó dispor do público na Bancroft Library. Como a maioría dos cancioneiros son copias de copias de copias feitas por amanuenses italianos que non entendían o que alí puña, existen abondosas diferencias entre eles, daquela os especialistas deben reconstruír a forma orixinal da cantiga combinando tódalas fontes.
Por outra banda, coñecemos un texto -o Pergamiño Vindel- que é unha "folla volante" con notación musical e textual. Unha especie de partitura que levaría consigo o xograr ou trobador para guiarse na interpretación do texto. O tal pergamiño recolle as sete cantigas de Martín Codax -un dos poetas ós que se lle adica o Día das Letras do 98- e está hoxe, logo de moitas voltas e reviravoltas, na Pierpoint Morgan Library de Nova York.


Das Cantigas de Santa María -corpus de poesía relixiosa - conservamos catro códices de época. Un na Biblioteca Nacional -proveniente da Catedral de Toledo, dous no Escorial, (un deles - T-j-1- con máis de 1.257 miniaturas, verdadeiro reportaxe "fotográfico" da época), outro, inacabado, na Biblioteca Nacional de Florencia.

Se aínda non se decataron, dirémosllelo: da lírica medieval galego-portuguesa non se conserva en Galicia absolutamente nada. Menos mal que xa hai edicións facsímiles -carísimas, por certo- de moitos destes Cancioneiros. Pero o que si conservamos son ducias de miles de documentos de prosa documental (entre os séculos XIII a XVI) orixinada en concellos, cabidos, mosteiros, gremios, familias nobres, etc. Moito valor lingüístico e histórico pero pouco literario. Xesús Ferro Couselo, o das Letras Galegas ‘96, estudiara a documentación do concello de Ourense.



III ¿CANDO SE DESENVOLVE?

Desenvólvese a lírica medieval galego-portuguesa entre finais do XII e segunda metade do XIV. O período de esplendor coincide primeiro co reinado de Afonso X en Castela (1252-1284) e Afonso III en Portugal (1248-1279) e logo co de Don Dinís en Portugal (1279-1325).

É máis ou menos o tempo da construcción románicas e góticas de catedrais, igrexas e conventos. O camiño de Santiago, o Códice Calixtino, Xelmirez, Cluny, o Císter, os Reis relacionados con Galicia... Unha época expansiva na que tamén houbo sitio para a cultura.


IV ¿ERA MOI DISTINTA A SÚA LINGUA DA DE HOXE?

Como pasaron uns setecentos ou oitocentos anos desde que se escribiron eses poemas, ás veces, a lingua presenta algunha dificultade, pero menos das que se podían pensar. Existen bastantes achegas de vocabulario desde a Provenza -sur de Francia- porque de alí tamén veu a moda de trobar. Unhas permaneceron entre nós para sempre (gabar, mesura, liñaxe...) pero outras desapareceron (prez, sen, nullo, pram, ) Como a maioría dos textos son coñecidos por compilacións orixinalmente portuguesas, naquela corte regularizaron grafías (lh, nh, -m, -ão) conforme á súa moda, pero que nos textos máis antigos, ou máis "galegos" -como as Cantigas de Santa María, o pergamiño Vindel e o Cancioneiro de Ajuda- nunca aparecen.

V ¿POR QUE TERRAS SE CANTABA?


Os trobadores movíanse polas cortes nobiliares e reais de Portugal e Castela (non esquezamos grande parte dos reis e nobres desta corte se criaron en terras galegas ata case finais do século XIII). Existen continuas referencias toponímicas a moitas partes de Galicia -Vigo, Cangas, San Simón, Ourense, Lugo, Xinzo...- de Portugal -Porto, Lisboa...- pero tamén a zonas de fala non galega -"Badallouce", Carrión, "Ovedo", "Valenza", "Aguadalquivir", Granada, Marsella, Roma, Jerusalem, etc. Era unha forma de ver o mundo e de estar nel desde a lingua galego-portuguesa. Houbo mesmo trobadores non só casteláns, senón franceses ou italianos que trobaron en galego, lingua de moda na época.

VI ¿COMO SE CANTABA?
As composicións que coñecemos non son poemas para ler, senón para escoitar: son letras de cantigas, de aí o seu nome. Cantábase nas cortes dos reis e dos nobres e, tamén nas romarías e festas populares. Cada unha no seu contexto e algunhas en todos. En moitas das composicións, sobre todo nas de sabor máis tradicional, existía un estribillo (refrán) que sería cantado por un coro ou pode que repetido polo público. Sempre había acompañamento musical. Coñecemos a música das Cantigas de Santa María e das de Martín Codax pola notación musical que os especialistas entenden -non é o pentagrama actual- e que interpretan hoxe os grupos de cámara ou de música culta. Chapeau, o da Universidade de Santiago. 

VII ¿QUEN TROBABA?
Hoxe non é o mesmo unha charanga ca un cantante de ópera. Daquela non era o mesmo un trobador -clase e cultura elevada, composicións máis elaboradas, con mestría- ca un xograr (simple intérprete asalariado de cancións alleas, que ás veces ousaba facer versións ou mesmo compor cancións propias, moitas veces humorísticas, aproveitando melodías coñecidas do público). No medio de entrambos grupos existían ossegreis, baixa nobreza vida a menos que vivía da xenerosidade allea coa súa arte. Viaxaban con frecuencia e mesmo cambiaban de corte en función de problemas políticos. Moi importantes, sobre todo como inspiradoras de temas de escarnio e maldicer, son tamén as soldadeiras, mulleres da farándula que vivían ó redor dos xograres, segreis e trobadores, cambiando o amigo con frecuencia. Os músicos chamábansemenestreis.

VIII ¿QUE TIPOS DE COMPOSICIÓNS FACÍAN?

. Existían daquela tres xéneros principais, e outros menores:

  • Cantigas de Amigo: cancións postas en boca de muller -pero sempre escritas por home, que as mulleres aínda non escribían- que fala sobre o amado; curtas, tradicionais, antigas, autóctonas, estáticas, repetitivas, naturais, amor realizable e realizado, efectivo, alegre, o mar, a fonte, a festa, o amigo, a irmá...

Sediam´eu na ermida de San Simión
Interpretación de Doa

Sedia-mi eu na ermida de San Simion
cercaram-mi as ondas, que grandes son;
¡eu atendendo o meu amigo,
         eu atendendo o meu amigo!


Estando na ermida, ante o altar,
(e) cercaron-mi as ondas grandes do mar;
¡eu atendendo o meu amigo,

         eu atendendo o meu amigo!

E cercaron-mi as ondas, que grandes son;
non ei (i) barqueiro nen remador;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

E cercaron-mi as ondas grandes do mar;
non ei (i) barqueiro, nen sei sei remar;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

Non ei (i) barqueiro nen remador;
morrerei, fremosa, no mar maior;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

Non ei (i) barqueiro, nen sei remar;
morrerei fremosa no alto mar;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!
                                                  Meendiño
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus, se verra cedo!

Martín Codax
 CODAX, Martín, Martín Codax. Cantigas. Vigo, Editorial Galaxia, 1998.


    Levou-s'a louçana, levou-s'a velida,

vai lavar cabelos na fontana fria;

       leda dos amores, dos amores leda.
  
Levou-s'a velida,  levou-s'a louçana,
5
vai lavar cabelos na fria fontana;
       leda dos amores, dos amores leda.
  
Vai lavar cabelos na fontana fria,
passou seu amigo, que lhi bem queria;
       leda dos amores, dos amores leda.
  
10
Vai lavar cabelos na fria fontana,
passa seu amigo, que [a] muit'a[ma]va;
       leda dos amores, dos amores leda.
  
Passa seu amigo, que lhi bem queria,

cervo do monte a áugua volvia;
15
       leda dos amores, dos amores leda.
  
Passa seu amigo que a muit'amava,
o cervo do monte volvia [a] áugua;
       leda dos amores, dos amores leda.





Levad´ amigo, que dormides as manhanas...
Levad', amigo, que dormides as manhanas frias

tôdalas aves do mundo d'amor dizia[m]:

       leda m'and'eu.
  
Levad', amigo que dormide'las frias manhanas
5tôdalas aves do mundo d'amor cantavam:
       leda m'and'eu.
  
Tôdalas aves do mundo d'amor diziam,
do meu amor e do voss[o] em ment'haviam:
       leda m'and'eu.
  
10Tôdalas aves do mundo d'amor cantavam,

do meu amor e do voss[o] i enmentavam:
       leda m'and'eu.
  
Do meu amor e do voss[o] em ment'haviam

vós lhi tolhestes os ramos em que siíam:
15       leda m'and'eu.
  
Do meu amor e do voss[o] i enmentavam
vós lhi tolhestes os ramos em que pousavam:
       leda m'and'eu.
  
Vós lhi tolhestes os ramos em que siíam
20e lhis secastes as fontes em que beviam;
       leda m'and'eu.
  
Vós lhi tolhestes os ramos em que pousavam
e lhis secastes as fontes u se banhavam;
       leda m'and'eu.



Bailemos nós já todas tres...
Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d' estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d'estas avelanas
verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr' al non fazemos

so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.

Airas Nunez (compuxo as súas cantigas na corte de Sancho IV, no período que decorre entre 1284 e 1289)

Ai, fremosinha que ben ajades

—Ai, fremosinha, se ben ajades,
longi de vila quen asperades ?
—Vin atender meu amigo.

—Ai fremosinha, se grado edes,
longi de vila quen atendedes ?
—Vin atender meu amigo.

—Longi de vila, quen asperades ?
—Direivo-lo eu, pois me preguntades :
Vin atender meu amigo.

—Longi de vila, quen atendedes ?
—Direi-vo-lo eu, poi-lo non sabedes
Vin atender meu amigo
  • Cantigas de Amor: cancións de orixe provenzal nas que un home gaba a unha muller distante; artificiosas, máis longas, menos repetitivas, máis complicadas sicoloxicamente, amor sempre platónico, nunca correspondido, irrealizable, volverse louco, morrer de amor...


                      A dona que eu am´e tenho por senhor

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos en prazer for,
       senom dade-mi a morte.
  

A que tenh'eu por lume destes olhos meus
5e por que choram sempr', amostrade-mi-a, Deus,
       senom dade-mi a morte.
  
Essa que vós fezestes melhor parecer

de quantas sei, ai, Deus!, fazede-mi-a veer,
       senom dade-mi a morte.
  

10Ai Deus! que mi a fezestes mais ca mim amar,

mostrade-mi-a, u possa com ela falar,
       senom dade-mi a morte.

  • Cantigas de Escarnio e Maldicir: cancións satíricas, máis ou menos fortes e directas, sobre todo tipo de temática -cregos, monxas, tipos sociais, persoas concretas, política, sexo...- ; amplo vocabulario, importante valor como documentos para a historia social, política e de mentalidades, á parte do lingüístico e literario, claro está.  



Afonso Anes do Cotom

                                  Marinhaende folegares

                                    tenh'eu por desaguisado;

                                e som mui maravilhado
                                     de ti, por nom rebentares:
5                                                ca che tapo eu [d]aquesta minha
                                   boca a ta boca, Marinha;

                               e destes narizes meus
                                     tapo eu, Marinha, os teus;
                                         e das [mias]mãos as orelhas,

10                                        os olhos, das sobrencelhas;
                               tapo-t'ao primeiro sono
                                 da mia pissa o teu cono,

                                  e mi o nom veja nengum,

                                 e dos colhões [esse] cũ,

15                                           Como nom rebentas Marinha?



Um cavalo nom comeu

há seis meses, nem s'ergeu;

mais proug'a Deus que choveu,

       creceu a erva,

5e per cabo si paceu,

       e já se leva!
  
Seu dono nom lhi buscou
cevada, nen'o ferrou;
mailo bom tempo tornou,
10       creceu a erva,

e paceu, e arriçou,
       e já se leva!
  
Seu dono nom lhi quis dar
cevada, nen'o ferrar;
15mais, cabo d'um lamaçal,
       creceu a erva,
 e paceu, arriçou [ar],
       e já se leva!


                                                             



Dom Beeito, home duro,
foi beijar pelo oscuro
       a mia senhor.

Come home aventurado,
5
foi beijar pelo furado
       a mia senhor.
  
Vedes que gram desventura:
beijou pela fendedura
       a mia senhor.
  
10
Vedes que mui grand'abaco:
foi beijar polo buraco
       a mia senhor


  • Pastorelas (encontro de pastora e cabaleiro )
Pelo souto de Crecente
ũa pastor vi andar
muit'alongada de gente,
alçando voz a cantar,
apertando-se na saia,
quando saía la raia
do sol, nas ribas do Sar.

E as aves que voavan,
quando saía l'alvor,
todas d'amores cantavan
pelos ramos d'arredor;
mais non sei tal qu'i'stevesse,
que en al cuidar podesse
senón todo en amor.

Alí 'stivi eu mui quedo,
quis falar e non ousei,
empero dix'a gran medo:
-Mia senhor, falar-vos-ei
un pouco, se mi ascuitardes,
e ir-m'-ei, quando mandardes,
mais aquí non'starei.

-Senhor, por Santa María,
non estedes máis aquí,
mais ide-vos vossa vía,
faredes mesura i;
ca os que aquí chegaren,
pois que vos aquí acharen,
ben dirán que máis houv'i.

  • Albas (despedida dos namorados ó mencer). 
  • Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación na Corte). 
IX ¿POR QUE DESAPARECEU?

A lírica galego-portuguesa vai esmorecendo desde mediados do XIV porque cambia a sociedade.Son malos tempos para a lírica. Xa non é a vida palacega tranquila e diletante de antes. A teima na finalización da reconquista -tan lonxe de nós- dirixe á épica o interese en Castela; a paixón polo practicismo dos coñecementos nun Portugal envorcado ó océano e a inexistencia dunha corte en Galicia, van axudar tamén a que as novas modas deixen progresivamente de lado ós vellos xoglares que cantaban historias que a ninguén interesaban xa. Ademais as novas clases urbanas non compartían tampouco o gusto por aquelas "cousas de sabor antigo" de señores e amoríos.
O éxito do Quixote non é alleo á ironía sobre uns gustos ancorados no pasado que o fixeron tolear. O noso "quixote" chamouse Macías o Namorado e disque morreu de amor cando xa diso non se morría.

X ¿COMO DESAPARECEU?

Este esvaemento foi progresivo. Os trobadores que antes só escribían en galego, sobre todo desde finais do XIV, comezan a facer composicións nun castelán que cada vez ocupará máis parte das súas obras. De 1445 é o Cancioneiro de Baena que reune moitas das composicións deste tránsito no que vén sendo coñecido como Escola Galego-Castelá, por utilizaren os trobadores ambas linguas.
Se temos en conta que o uso do galego seguiu sendo xeneralizado en toda a documentación ata 1480 e esporádico ó longo do primeiro cuarto do século XVI, decatámonos que a moda literaria do trobadorismo foi esmorecendo case un século antes do abandono puramente instrumental da lingua.